Como buscar no corpus

Na sección Consulta básica, o usuario pode introducir unha secuencia de caracteres para localizala dentro do corpus. O sistema de busca de Humtext permite explorar o contido das transcricións mediante tres modos principais de busca:

  1. Busca exacta. A busca realízase considerando o texto exactamente como se escribiu, respectando tanto a orde como a forma das palabras.
    Exemplo: Se se introduce a expresión "tres mil pesetas", un resultado válido sería "El piso que se alquila renta tres mil pesetas".
  2. Busca con todas as palabras en calquera orde. Neste tipo de busca, recupéranse os resultados que conteñen todas as palabras indicadas, aínda que non estean na mesma orde nin necesariamente xuntas.
    Exemplo: Se se busca "hombre, señora", consideraríase válido un fragmento como:
    –Hombre, pues yo no le vi.
    Es que estaba en la galería baja con una señora.
  3. Busca parcial. Non é necesario que todas as palabras introducidas na busca aparezan na transcrición. O sistema recupera fragmentos que conten algunha delas. Exemplo: Se se busca "señor", poderían aparecer resultados como: "–¡¡Señor maestro!!" ou "–No tengo, señor".

Na sección Filtros avanzados, é posible seleccionar distintos criterios para axustar a busca, como o medio (nome, lugar de edición, tipo de difusión, sección, ano), o xénero humorístico, a temática, entre outros. Os resultados amosarán un listado de textos humorísticos, con opcións para ver a transcrición, consultar o arquivo completo e descargalo en formato PDF.