Que é Humtext?
Humtext. Corpus de humor escrito é un corpus en liña deseñado especificamente para o estudo do humor escrito en publicacións impresas, como xornais, folletos, revistas, almanaques, libros, fascículos ou fanzines. Este corpus complementa a base de datos multimodal Humcor, que recolle 125 anos de produción oral humorística de distintas variedades do español de España, Hispanoamérica e Guinea Ecuatorial.
¿Que inclúe Humtext?
Constitúe unha base de datos de textos humorísticos —chistes, anécdotas, epigramas, esquelas, obituarios, epitafios, relatos, artigos, crónicas ou novas— procedentes tamén de diferentes formatos, como viñetas, tiras cómicas, entre outros.
¿Que período abrangue Humtext?
O corpus abrangue un extenso período histórico, con materiais que datan desde 1495 ata 2025, é dicir, máis de 500 anos de produción humorística escrita. Os textos foron recompilados a partir de arquivos históricos dispoñibles en repositorios e hemerotecas públicas, coleccións persoais e plataformas dixitais.
¿Cal é o obxectivo de Humtext?
O proxecto ten como propósito estudar e documentar de maneira sistemática e a grande escala o humor escrito en español presente en textos impresos ao longo de máis de cinco séculos de historia. Así mesmo, contempla a dixitalización de materiais procedentes da prensa escrita, co obxectivo de crear unha biblioteca dixital dedicada ao humor escrito.