Que é Humtext?
Humtext. Corpus de humor escrito é un corpus en liña deseñado especificamente para o estudo do humor en publicacións impresas, como xornais, folletos, revistas, almanaques, libros, fascículos ou fanzines, procedentes de España, América, Filipinas e Guinea Ecuatorial. Este corpus complementa a base de datos multimodal Humcor, que recolle máis de 125 anos de humor oral en español.

¿Que inclúe Humtext?
Humtext inclúe unha gran variedade de textos humorísticos (chistes, anécdotas, epigramas, esquelas, obituarios, epitafios, cartas, relatos, artigos, crónicas ou noticias), en diferentes formatos, como viñetas, tiras cómicas ou ilustracións.

¿Que período abrangue Humtext?
O corpus abrangue un extenso período histórico, con materiais que datan desde aproximadamente 1460 ata a actualidade, é dicir, máis de 500 anos de produción humorística escrita. Os textos foron recompilados a partir de arquivos históricos dispoñibles en repositorios e hemerotecas públicas, coleccións persoais e plataformas dixitais.

¿Cal é o obxectivo de Humtext?
Humtext ten como propósito estudar e documentar de maneira sistemática e a grande escala o humor escrito en español presente en textos impresos ao longo de máis de cinco séculos de historia. Así mesmo, contempla a dixitalización de materiais procedentes de publicacións impresas de humor, co obxectivo de crear unha biblioteca dixital dedicada ao humor escrito.